Fotos de Laure FernándezBoiro, 26 de marzo de 2011. Onte, no Pazo da Cultura de Pontevedra celebrouse a 1ª Gala do Deporte Feminino Galego. A traíña "Rías Baixas", levada na súa maior parte por rapazas de Cabo de Cruz, foi unha das premiadas. A asociación Mudegá foi a organizadora desta primeira Gala do Deporte Feminino Galego, na que se premiou á mellor deportista, adestradora, entidades, xuíza ou clubs da pasada tempada. Entre os premiados destaca a presenza da taekwondista Fani Hernández ou da traíña Rías Baixas.
Mudegá busca lograr a visibilidade do deporte feminino, un dos obxectivos principais deste colectivo: Lograr que os éxitos do deporte feminino sexan recoñecidos pola
sociedade e para iso é necesario ser visibles nos medios de comunicación. O pasado venres reuniuse o xurado para estudar as candidaturas presentadas e decidir os premiados. Entre as candidaturas, había deportistas cun curriculum espectacular, medallistas mundiais, olímpicas, clubs cunha longa historia… En definitiva, unha proba da boa saúde do deporte feminino galego. Así, a taekwondista Fani Hernández (bronce no Europeo, bronce no mundial universitario e 4ª clasificada no ranking mundial) foi elixida mellor deportista galega, mentres que o mellor equipo é a traíña Rías Baixas, gañadora da Bandeira da Concha e da Liga de traíñas feminina no 2010 (igual que no ano anterior). O xurado valorou a traxectoria de Ana Penas (tres veces olímpica) para outorgarlle o premio á mellor traxectoria; mentres que Teresa Martínez Cancelo (a primeira muller do mundo que logrou ser árbitro internacional de hóckey sobre patíns) recibiu o premio á mellor árbitro. Ana Valín, de péntatlon, foi elixida como mellor adestradora do ano 2010, mentres que Ángel Alfonso Villar, do Friol, foi elixido como mellor directivo polo seu traballo a prol do fútbol feminino.
Na categoría de mellor iniciativa a prol do deporte feminino, o xurado apostou por María Ruíz Castro, que creou o club Padel Feminino Cíes, que neste momento conta con máis de 80 mulleres que compiten nunha liga de 1.700 persoas. Extrugasa, patrocinador do club Cortegada de Vilagarcía, é a entidade privada máis colaboradora do deporte feminino, mentres que a concellería de Igualdade e Participación Cidadá do Concello de A Coruña foi elixida como a mellor entidade pública, pola súa aposta polo deporte feminino. O premio para o medio de comunicación amigo correspondeulle a “A temporada do fútbol galego”, cun apartado especial para o fútbol feminino, mentres que a mellor promesa é para a ximnasta Yael Campelo, que a súa curta idade xa anuncia importante éxitos deportivos no futuro. No transcurso da gala, Mudegá tamén agradeceu a colaboración do club FC Meigas de Ames, que leva na súa camiseta o
logo da asociación de forma absolutamente desinteresada e que está sempre disposto a colaborar.
O xurado, que se reuniu o día 18 de marzo, estivo formado por Mari Luz Ferreiro
(xornalista); David Acevedo (Xefe de deportes doutro xornal); Elena Fernández (Directora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva); Belia Méndez (directora do IMD de Pontevedra); Javier Rico (xerente da Fundación Deporte Galego); Nuria Rodríguez (presidenta da Federación Galega de Salvamento e Socorrismo), Mercé Barrientos (presidenta da Federación Galega de Taekwondo) e Pilar Neira (presidenta de Mudegá). Como secretaria actuou Ana Varela (presidenta do club Perla de Fútbol Sala de Sada e directiva de Mudegá).

Relación de premiados:Mellor deportista
Estefanía Hernández
Mellor traxectoria
Ana Penas
Medios de comunicación
A temporada do fútbol galego
Mellor adestradora
Ana Valín
Mellor árbitro
Teresa Martínez Cancelo
Iniciativa a prol do deporte feminino
María Ruíz Castro, creadora do club Padel Feminino Cíes
Entidade privada amiga
Extrugasa
Entidade pública máis comprometida
Concellería de Igualdade do Concello da Coruña
Directivo máis comprometido
Ángel Alfonso Villar (Friol)
Mellor equipo
Traíñas Rías Baixas
Premio á mellor promesa
Yael Campelo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario