Esta nena non podería xogar así, segundo a Federación Mundial de Badmington. Flickr de Luís Fernando Oliveira
Barbanza-Noia, 28 de abril de 2011. A asociación de Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá) manifesta total desacordo sobre a obrigación de usar saia como única opcción de vestimenta que lles impoñen ás súas deportistas femininas dende a Federación Mundial de Badminton. Segundo Mudegá, esta federación prohibe ás xogadoras levar pantalóns e teñen que xogar con saia para “asegurar unha atractiva presentación”.
"Entendemos que unha deportista ten que competir coa vestimenta que lle resulte máis cómoda. Este é un tema tan incrible como desagradable, é un acto de discriminación sexista que como mulleres non debemos permitir", manifestou Pilar Neira, presidenta de Mudegá.
Opinión de Mudegá sobre o asunto:
Por que unha saia fai atractivo un deporte?
Antes, unha muller, non dispuña do seu corpo para si, debía dedicalo á maternidade xa que este era precisamente o único papel que a sociedade tíñalle reservado
Tradicionalmente a muller foi excluída da práctica deportiva xa que non encaixaba co seu rol de xénero.
Evidentemente, aínda queda moito para que o deporte masculino e feminino sexan equiparables, tanto a nivel humano como a nivel económico, O acceso das mulleres ao ámbito deportivo foi tardío e segue estando cheo de dificultades
O bádminton é un deporte de raqueta no que se enfrontan dous/dúas xogadores/as (individuais) ou dúas parellas (dobres).
A diferenza doutros deportes de raqueta, no bádminton non se xoga con pelota, senón cun proxectil con plumas inseridas chamado volante ou pluma
E tamén a diferenza doutros deportes, onte atopámonos coa desagradable sorpresa de que a Federación Mundial de Bádminton prohibe ás xogadoras levar pantalóns. Teñen que xogar con saia para “asegurar unha atractiva presentación” “para manter a estética do deporte”. Se queren, poden levar pantalón curto, pero debaixo da saia.
En Mudegá, entendemos que isto golpe á nosa dignidade. Queremos que se nos valore polo noso traballo, polo noso esforzo,polas nosas condicións como deportistas, baixo ningún concepto podemos permitir a obrigación de saír a un terreo de xogo, con saia, por entender que á vista dos seareiros ofrecemos unha mellor imaxe. Entendemos que estamos ante un caso grave de discriminación, e queremos manifestar o noso total desacordo ante esta decisión da Federación Mundial de Bádminton.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario