9.4.11

A Pobra: as Estancias literarias de Arousa Norte achegaron un grupo de 20 persoas ás terras de Valle

A Pobra, 9 de abril de 2011. A través da Mancomunidade Arousa Norte e a súa iniciativa “Estancias Literarias”, e da man de Xarelo Actividades, chegou a terras da Pobra do Caramiñal e á Torre de Bermúdez, un novo grupo de 20 persoas formado por alumnos da USC que foron guiados polas distintas dependencias do Museo Valle-Inclán co obxectivo de coñecer a tan representativo persoeiro da literatura e a súa obra. A continuación foron ata un céntrico local pobrense para asistir a unhas representacións teatrais inspiradas nos personaxes de Valle e unha explicación sobre os outros lugares da vila que tanta importancia tiveron para o escritor.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical