Máis de 100 persoas sumáronse ás xuntanzas que o candidato realizou con colectivos culturais, deportivos, xuvenís e de maiores
Ribeira, 9 de abril de 2011.- O candidato á Alcaldía polo Partido Popular, Manuel Ruiz Rivas, mantivo nos últimos días dúas reunións coa meirande parte das asociacións culturais, xuvenís, deportivas e da terceira idade existentes no termo municipal. En total, máis dun cento de representantes destes colectivos sumáronse a unhas xuntanzas –celebradas na sede que ten a formación popular en Santa Uxia- nas que o cabeza de cartel quixo escoitar de primeira man as súas suxestións e expoñerlles cales van a ser as grandes liñas do seu plan de traballo en relación ao movemento asociativo. Ruiz Rivas salientou a importancia do asociacionismo na Riveira actual e lembrou que, fai dúas décadas, o número de asociacións constituídas no concello eran tremendamente escaso, pero que a través dos distintos equipos que se sucederon no Goberno Municipal se logrou “impulsar un movemento que hoxe é esencial para dotar de dinamismo á vida municipal”. Por todo isto, un dos compromisos que quixo transmitir aos colectivos é o de destinar máis proporción de axudas directas ás asociacións, dentro dun proceso de racionalización do investimento municipal que lle confira maiores recursos a estas entidades co obxecto de contribuír á súa sostibilidade económica. Ademais, no caso de obter o apoio dos veciños o 22 de maio, procurará que todas e cada unha das parroquias do municipio conten cun calendario bastante de actividades socioculturais e deportivas, a fin de dinamizar as infraestruturas públicas existentes nos diversos núcleos. CanteiraOutros puntos referidos por Manuel Ruiz foron a transcendencia de volcarse dende a Administración coas inquedanzas dos xóvenes e, por outra parte, de “traballar a canteira” para que, como xa aconteceu no pasado con algunhas asociacións e clubs deportivos hoxe desaparecidos, non se perda o legado unhas vez ás persoas que foron as súas principais impulsoras deixan de formar parte da primeira liña. Nas xuntanzas houbo tempo de abordar cuestións concretas a peticións dos asistentes, como estudar a viabilidade de acometer melloras na zona exterior do complexo da Fieiteira ou que as casas do mar nas que teñen as súas sedes as asociacións de xubilados pasen a ser de xestión directa municipal,

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario