Ribeira, 28 de abril de 2011. O Concello, a Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago e o Centro Empresarial da Construción do Barbanza organizan para o día 19 de maio unha xornada informativa sobre “A Reforma Laboral e As Bonificacións nos Contratos”.
A actividade terá lugar ás 20.30 horas no local social do CECB (sito na rúa Mariño de Rivera, 11).
O programa abordará os seguintes temas:
- Tipos de contratos despois da reforma laboral
- Outros aspectos da reforma laboral
- Tipos de contratos bonificados despois da reforma laboral
- Características que debe cumprir un contrato laboral
Para máis información e inscricións, hai que dirixirse á Oficina de Desenvolvemento Local situada na Casa do Concello (Tel.: 981 835 417, fax: 981871 610, correo electrónico: emprego@riveira.com).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
1 comentario:
Ollando as imaxes en ditas xornadas non lle viñan ben tamén algo de Riscos Laborais:
1º.- A estada paréceme que non é o que pide agora a normativa europea. Aínda que me pregunto como é que se segue permitindo a súa venda.
2º.- Non dispón de rodapés, que serven para evitala caida de ferramentas, e barras no fronte.
3º.- Os homes subidos nela non dispoñen de arneses, nin de cascos.
4º.- Dous de abaixo tampouco e un 10 para o que se protexe con el.
Un inspector de seguridade aquí facíase de ouro... pero nunca vin chegar a ningún por sorpresa a unha obra. Sempre había un "chivatazo" a tempo.
Publicar un comentario