Imaxe de arquivo de concentración diante do Hospital
Ribeira, 26 de abril de 2011. A Plataforma en defensa da Sanidade Pública da comarca da Barbanza informa que na reunión mantida o pasado 18 de Abril:
- Analizouse o resultado da manifestación do día 14 en Ribeira, en contra da privatización do servizo de diálise do Hospital da Barbanza, considerando un éxito a participación na mesma de máis de 2000 persoas.
- Decidíronse as accións a realizar nas próximas semanas:
- Solicitude dunha reunión coa Conselleira de Sanidade, dona Pilar Farjas, para mostrarlle a nosa preocupación pola posibilidade de transferir o servizo de diálise do Hospital da Barbanza a Fundación Privada Renal Iñigo Álvarez de Toledo.
- Recollida de sinaturas entre os usuarios do hospital en contra da privatización do servizo de diálise.
- Convocatoria dunha nova manifestación en Boiro, probablemente o venres 13 de Maio.
- Asemade gostaríanos puntualizar con respecto a entrevista publicada na Voz de Galicia o domigo 24 de Abril ao Dr Otero, xefe de nefroloxía do Complexo Hospitalario de Ourense:
- Chamanos a atención que en ningún momento se nomee a Fundación Renal Iñigo Álvarez de Toledo (FRIAT) falando en todo momento de empresa ou fundación de xeito xenérico, aínda que os 3 centros dos que fala da provincia de Ourense estean xestionados por dita Fundacións, tal vez sexa para que ningún lector poda buscar en internet FRIAT e atopar que o Dr. Otero ademáis de xefe de nefroloxía do CHOU (cargo que se repite varias veces no artigo) forma parte do patronato de FRIAT como vocal por razón do seu cargo.
- Parece que o Dr Otero non está ben informado porque dí textualmente “ Las unidades extrahospitalarias son las únicas que cuentan con acreditación Aenor y encuestas de satisfacción de los pacientes”, pois a unidade de diálise do Hospital da Barbanza conta coa acreditación de Aenor e enquisas de satisfacción de usuarios dende o 2004 ata a actualidade.
- Na entrevista parece que da a entender que no futuro todos os doentes van ser dializados no seu domicilio, e ninguén mellor que él sabe que os pacientes que poden ser dializados no seu domicilio teñen que cumplir uns requisitos médicos, unha planta de auga específica, coidadores que podan asumila…. de xeito que só u grupo específico de doentes pode realizala.
- Non sabemos as razóns polas que o Dr. Otero considera que non é necesario un nefrólogo de presenza durante as sesións de diálise, mentras que a Sociedade Española de Nefroloxía sí, pero do mesmo xeito que él se permite suxerir que as enfermeiras “no paraíso de diálise” non lles gostaría traballar noutra dependencia do hospital “con máis ocupación”, nos pensamos que o que fai está afirmación é o vocal de FRIAT máis que o xefe de servizo de nefroloxía.
- Tampouco entendemos porque o SERGAS non pode negociar tan bos prezos para os funxibles como as empresas ou fundacións. Pero tal vez debería empezar a negociar mellor estos prezos en vez de privatizar servizos.
- Non entendemos porque para atender aos pacientes que son dializados no Barco chega con que un nefrólogo de Ourense vaia 2 días a semana, mentras que no Santa María Nai, na cidade de Ourense, son atendidos polo nefrólogo de garda do CHOU todos os días ¿ Qué pasa que hai doentes de primeira e de segunda? ¿No Barco é suficiente un nefrólogo 2 días a semana? ¿ e en Ourense nefrólogo todos os días porque estamos na cidade?
- Cando atribue a polémica xerada no Barbanza ao período político no que estamos, nos tamén nos preguntamos se o feito de que o 23 de marzo aparacese o persoal de FRIAT no servizo de diálise no Hospital da Barbanza ten algo que ver coa campaña electoral, pola nosa parte simplemente reaccionamos ante algo que, casualidade ou non, ocurreu o 23 de marzo, o que non podíamos facer era deixalo pasar porque estaban cerca as eleccións municipais. A segunda suxerencia de que a razón sexa o “ interés de algunos trabajadores de permanecer en el servicio de diálisis”, consideramos que un persoal que todos estos anos demostrou o seu compromiso cos doentes, a atención de calidade e o interés na mellora continua, non merece que se insinue que todos son intereses personais como se estar orgulloso do traballo ben feito fora unha vergoña máis que una honra. Tal vez a cuestión sexa que o interés ou beneficio do vocal de FRIAT aumente a vez que aumentan os doentes dializados por esta Fundación.
- Para rematar a afirmación “ El problema de la enfermedad renal crónica, desde el punto de vista de la Administración sanitaria, es su alto coste, tanto que no es sostenible….” fai botarnos a tremer, pensando que vai ser o seguinte non asumible, de esta afirmación utilizada para xustificar a privatización a utilizala para xustificar o copago hai un camiño corto.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario