O muro na actualidade, por Paco do MarteloPorto do Son, 20 de maio de 2011. "Pouco dura a alegría na casa do pobre", laiábase onte Paco do Martelo no seu Facebook ao tempo que colgaba a imaxe que ven enriba. Este muro de Porto do Son, un dos máis "visibles" para calquera que circula pola estrada en dirección a Noia, xa fora obxecto de polémica entre todos os partidos no pasado. Foi empregado para colgar todo tipo de mensaxes, pero a súa estética cada vez desentoaba máis.
Tanto foi así que no blog Fonforrón, un día que viron que retiraban o cartel da desfeita urbanística, pensaron que se ía adecentar ao dereito e, nós, que somos botados para adiante cando nos peta, propuxémoslle a Paco do Martelo que fixera unha enquisa para propoñer ideas para ese muro, proposta que poden ver aínda aquí.
Imaxe do blog http://fonforron.blogspot.com
Imaxe de Paco do MarteloA enquisa foi respostada por algúns internautas e quedou así. Pero nin se fixo mural (opción que gañou a enquisa), nin se pintou de todo -a pintura plástica blanca costa moito!-, nin se encintou. Tanto Paco do Martelo como o autor do blog Fonforrón como os de Certo nos precipitamos: nin voltou o sentido común, nin sacaron o muro da vergoña nin nada. Aos políticos de Porto do Son impórtalles ben pouco a imaxe que da o seu pobo. Pode que dentro dun tempo haxa novos políticos neste concello e vexan os anos luz que nos levan, por exemplo, os veciños de Loulé, no Algarve portugués:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario