Olliño: comeza o mércores 20 e o sábado 30 de xullo é o Baile de JalaRibeira, 19 de maio de 2011. Na segunda asamblea de peñas da Cofradía da Dorna da fin de semana pasada, de cara á LXIII Singladura da Festa da Dorna, concentráronse 39 dorneiros en representación de 14 Peñas e máis algunha peña nova.
Os temas principais do día foron a presentación de candidatos para os concursos de deseño de cartel e sudadeiras. En Canto ao diseño de cartel presentaronse 3 posibles carteis dos cales foi escollido por 19 votos o deseño presentado por Jesús da peña Carallos de Rei frente a 10 e 7 dos demáis participantes, máis duas abstencións. Así Jesús Parada é o gañador do premio Salvador Daquí. Para o deseño de sudadeira houbo dúas propostas é gañou o concurso A Jata Ruín de la Praia a representante da Peña Comando Dorneiro por 26 a 13, máis o debuxo levaba máis cores dos permitidos e deéonselle uns días para adaptalo aos requisitos da sudadeira, por iso non amosan aínda o debuxo. Ambos concursos foron decididos por votación a man alzada.
Ademáis, presentáronse as actividades principais que coinciden cada un dos días da festa para tratar de atallar os diferentes rumores que circulan pola cidade centenaria. A dorna comezará o Mércores 20 co Facho dorneiro (aberto o prazo de inscripción nas asambleas), Enjalanamento de Fanequeiras, Rockandorna do país (apuntate na proxima asamblea) e Maratasón. O Xovés 21 continúa a festa cos Xogos de Mar, Jran Premio Ícaro de Voo Sen Motor, Exame de Patróns mais rockandorna. O Venrés 22 temos un día duro co Jran Prix de Carrilanas e o Juateke Dorneiro. O Sabado 23 seguimos adiante cos Xogos de Terra e Canción de Tasca e chega o Domingo 24 de Xullo Grandísimo día da Dorna coa Rejata de embarcacións feitas a machada e propulsadas a pan de millo, Romería dorneira, TOP SECRET e Rockandorna fin de Festa. O día 30 Baile de Gala.
Outro tema tratado na asamblea foi a organización por parte da R. e I. Cofradía da Dorna dunha rifa na que se sortea unha cea para dúas persoas no restaurante Gourmet Aljan (sito na avda Miguel Rodriguez Bautista) coas últimas 3 cifras do sorteo da lotería nacional do sábado 23 de Xullo. Xa están á venta por Ribeira ao módico precio de 1€: podelas atopar nas fanequeirasA Taberna do Riaso e O Triskel. Faite sosio, fai favor!
Por último e non menos importante a Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna recordou a todos os asistentes a posibilidade de facerse socios da citada asociación e así axudar a fortalecer a Festa da Dorna que ten o recoñecemento de Festa de Interese Turistico Cultural de Galicia. Ademáis esta asociación organiza numerosas actividades durante o ano entre as que podemos citar a Escola de Vela, os ciclos de andainas en Outono e Inverno a andaina en barco, a Carreira do Corgo, La Vos de Jalisia... así que sa sabes FAITE SOCIO!!!!, informate en real-e-ilustre@cofradiadadorna.com
As 14 peñas dorneiras participantes foron:
Cabuxos do Mar
Pateiros Palangreiros
Os Pintos Joden Quintos
Parrochas Papudas
Tabeiróns Caralludos
Carallos de Rei
Pescadillas con Ladillas
Arria o Jallo
Arria o Jallo
Delirios Tremens
As Javotas van Jopas
Muxo Beti
Comando Dorneiro
Derrape Mental
Ratos da Illa
Caracolas en Xirolas
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario