9.5.11

Rianxo: este sábado 14 de maio AntrosPinos celebra as Letras Galegas en Taragoña

Festival_antrospinos_letras_ga

Rianxo, 9 de maio de 2010. A Asociación Festival AntrosPinos ten un programa de actividades para o sábado 14 de maio que pon en marcha como cada ano con motivo da efeméride das Letras Galegas. Alén del, están a difundir vía Facebook un proxecto de normalización da lingua que chaman 'Os castelanismos restan', para concienciar á xente no bo uso do galego. Está a ter unha importante acollida no devandito medio de difusión e xerou ademais un interesante debate.

 
Programa completo:
 
  • LETRAS GALEGAS 2011. Porque o día das nosas Letras son todos os días!
     
    Sábado, 14 de maio
    Praza nova de Campos de Pazos - Taragoña (Rianxo)

17.00 Xogos tradicionais para nen@s e maiores.

Dado o éxito que xerou a iniciativa o pasado ano, converten durante unhas horas a praciña de Campos de Pazos nun auténtico "divertidoiro". Xogos populares coa colaboración de técnicos en tempo libre farán as delicias de grandes e pequenos.
 
18.30 Lectura de poemas de alumn@s do C.E.P. Xosé María Brea Segade.
Os alumnos e alumnas do colexio Brea Segade están a preparar un coidado recital de poesía para a ocasión.
 
19.30 Sesión de monólogos de humor: Xermol@s do E.S.A.D. de Galicia (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia) coa presenza de Mariana Carballal (A 'Maribel' dos Tonechos)
Un grupo de alumnos avantaxados da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, baixo a atenta ollada da súa mestra Mariana Carballal, virán ofrecer a Taragoña unha xeira de monólogos de humor, acompañados da propia mestra que tamén terá os seus intres de gloria sobre o escenario. A troula e a risa está asegurada cos Xermol@s.
 
20.30 Actuación do mago Alán Gholias
O gran mago rianxeiro que está a despuntar no último ano con numerosos espectáculos por toda Galicia, chega de novo á súa terra para ofrecer un dos seus espectáculos máis novidosos, acompañado da súa 'troupe'.
 
21.30 Cantamos co Galeoke!
Divertida sesión de Karaoke pero en galego coas cancións galegas de sempre e outras de grupos máis modernos. O importante é dar o cante coa nosa lingua.
 
22.30 A Gramola Galega! 
Sesión de baile na que a través dunha 'gramola' adaptada para a ocasión, os asistentes poderán escoller unha peza deixando a moeda do valor que queiran nesta particular gramola.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical