9.5.11

Mar: Mexillón de Galicia ve inxusta e desproporcionada a sanción de Competencia ao sector extrativo galego

O Consello Regulador lamenta “os continuos ataques de Juan Manuel Vieites para descapitalizar o sector do mexillón galego”
Media_httpfarm5static_bbdir

Ría de Arousa, 9 de maio de 2011. O Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia considera “inxusta e desproporcionada” a sanción de 1,8 millóns de euros que a Comisión Nacional de Competencia (CNC) impuxo a quince asociacións de produtores galegos. “É un ataque máis a todo o sector, que xera desconfianza e dificultará no futuro novos intentos de coordinación e organización entre todos os protagonistas do sector mexilloeiro”, asegura Francisco Alcalde, presidente do organismo.

Para Francisco Alcalde, “dende o ano 97, data na que comeza a investigación, os prezos baixaron en picado, en parte polo incremento das importacións de produto foráneo, polo que non ten ningún sentido falar dun pacto nin moito menos dun cártel do mexillón”. A caída de precios dende finais dos anos noventa é evidente e a baixada continuou ata a actualidade. O precio medio de comercialización do mexillón en Galicia pasa de 0,48 euros o quilo no ano 2004 aos 0,39 euros o quilo no ano 2009, segundo datos oficiais. O Consello apoia as críticas lanzadas dende as organizacións sancionadas, xa que as multas, en proporción, son moi superiores ás impostas noutros casos a grandes corporacións.

O Consello Regulador lamenta os continuos ataques contra o sector por parte do secretario xeral de Anfaco, Juan Manuel Vieites, que foi quen denunciou o suposto pacto de prezos ante Competencia. “As súas accións sempre van encamiñadas a tentar afogar o sector primario galego do mexillón, quere descapitalizalo”, sostén Alcalde. As accións de Vieites van en defensa das empresas que teñen intereses en terceiros países e en perxuicio tamén daquelas empresas transformadoras que se abastecen exclusivamente de mexillón galego.

O Consello Regulador afirma tamén que a resolución da CNC contén erros graves, xa que indica que unha sentenza de maio de 2010 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou o regulamento da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia “por non ter en conta o interese lexítimo da industria conserveira representada por Anfaco, que presentou recurso contra o citado regulamento”. Francisco Alcalde desminte este punto, “xa que nós recurrimos a sentenza do TSXG ante o Supremo, polo que a día de hoxe o regulamento da Denominación de Orixe está plenamente vixente”.

Mexillón de Galicia quere deixar claro que todos os movementos do sector dende o ano 1997 fixéronse baixo a tutela, cando non co apoio, da Xunta de Galicia, polo que todas as partes do sector confiaban que a lexitimidade das súas accións determinarían unha resolución satisfactora para os intereses do mexillón e sen que implicase coste sancionador. A Consellería do Mar foi requerida pola CNC para que “informara do alcance das súas intervencións” e aportara documentación que considerara adecuada en defensa do sector, “sen que a Consellería fora capaz de concretar o papel que xogou en descargo dos mexilloeiros”, segundo indica a propia Competencia na súa resolución.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical