9.5.11

Rianxo: o instituto celebra as Letras Galegas ata o 20 de maio

Media_httpfarm3static_caphd

Rianxo, 9 de maio de 2011. Durante dúas semanas no IES Félix Muriel vaise dar a coñecer o personaxe homenaxeado este ano polas Letras Galegas, e ademais faranse actividades para dignificar a nosa lingua e a nosa cultura.

Con motivo da celebración das Letras Galegas, un ano máis o EDLG, organiza unha Semana cultural na que se pretende homenaxear ao persoeiro escollido pero na que tamén entran outras actividades dinamizadoras da lingua.

O programa deste ano é o seguinte:

Luns 9, ás 12,30: Ateliê de portugués,  impartido por Valentim Fagim  no que vai amosar as posibilidades que temos co galego para comunicarnos fóra das nosas fronteiras a través do portugués.  (4º ESO)

Martes 10, ás 10,30:  Charla con Carlos Negro sobre a súa obra Makinaria (4º ESO).

Mércores 11, ás 12,30 e ás 13,20, vanse desenvolver dous obradoiros consecutivos para o alumnado de 1º de bacharelato para traballar prexuízos lingüísticos. (1º BAC)

Xoves, 12, ás 11,20 e ás 12,30, o actor noiés, Serafín Marcos, representará  o seu espectáculo sobre a vida e a obra de Lois Pereiro (1º, 2º e 3º ESO)

Durante toda a semana ademais realizaranse actividades nos recreos, no curruncho das Letras galegas, que van desde o visionado de vídeos sobre o autor á lectura de poemas por parte do profesorado e mais do persoal non docente, pasando por un concurso de recitado e mais de lectura de poemas de Lois Pereiro, actividades estas que se estenderán durante toda  a semana seguinte. 

Media_httpfarm3static_ayewk

Enquisa

Toda a comunidade educativa participará nunha actividade que pretende unha reflexión sobre o significado Día das Letras Galegas a través dun cuestionario que está situado no punto das letras galegas e que contén as seguintes preguntas:

    * Por que cres que hai un Día das Letras Galegas?
    * Que opinarías se se cambiase o Día das Letras Galegas por outro día?
    * Que pensas que se consegue cos actos organizados arredor da figura homenajeada o 17 de maio?
    * Que razóns pode haber para escribir poesía en galego e non facelo en castelán que ten máis público?

Estas cuestións pódense responder (calquera, está aberta a enquisa a todos os públicos) no blog (www.blogoteca.com/ocastelodalua) e na revista do instituto (www.bicodaria.com). Coas respostas elaboraranse as oportunas conclusións que serán difundidas na revista Bico da Ría e no blog O Castelo da Lúa.  

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical