13.5.11

Ribeira: o Atlético Riveira, recibido no Concello polo seu título de campión da Liga de 2ª Autonómica e ascender a Primeira

Meteron 115 goles e só encaixaron 28

Ribeira, 13 de maio de 2011. O alcalde José Luis Torres Colomer e o concelleiro de Deportes Miguel Ángel Vidal Tomé recibiron no salón de plenos da Casa do Concello de Ribeira ao equipo do Atlético Riveira, o cal vén de proclamarse nesta tempada 2010-2011 campión de Liga de Segunda autonómica e acadar o ascenso a Primeira. 

Como máximo representante do equipo de fútbol local estivo Tivacho Sampedro, vicepresidente do club, posto que o seu presidente, Alberto Villaverde, non puido acudir por motivos persoais. Tivacho Sampedro destacou o gran papel logrado este ano polo equipo, que ten 40 anos de historia e que viviu ao longo da súa dilatada traxectoria grandes momentos como o do ascenso a terceira división, pero tamén outros difíciles, con risco incluso de desaparecer. 

Pola súa parte, José  Luis Torres Colomer eloxiou os moitos méritos colleitados este ano polo equipo local e fixo fincapé en que ademais de subir de categoría, o Atlético Riveira foi o equipo máis goleador con 115 goles e o menos batido con só 28. Animou ao elenco que leva o nome do municipio a proseguir pola mesma senda e intentar subir de novo de categoría: unha idea na que tamén abundou o edil Vidal Tomé, quen lle desexou á directiva e técnicos que teñan moito tino nas novas fichaxes. 

Antes de finalizar o acto houbo intercambio de obsequios entre Concello, Atlético Riveira e o patrocinador do equipo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical