Ribeira, 11 de maio de 2011. O Obradoiro de Emprego Airoas comezou a impartir o Módulo de Sensibilización Ambiental o pasado venres 29 de abril, cunha ponencia no salón de actos do Parque Periurbano de San Roque, coa colaboración externa do biólogo Juan José Sampedro Reiriz. A esta presentación, que se fixo amena e moi participativa, asistiron tódolos alumnos-traballadores de Airoas. O seu obxectivo xeral é introducir ao alumnado no coñecemento dos principais problemas medioambientais, tanto a nivel xeral como no ámbito laboral, e a súa aplicación na especialidade profesional. Na primeira xornada distinguíronse tres partes fundamentais:.- Exposición e explicación de conceptos básicos como son medioambiente, ecoloxía, cadena trófica, ecosistema, recursos naturais, hábitat, biodiversidade, pegada ecolóxica, cambio climático, contaminación e desenvolvemento sostible. .- Os efectos da actividade humana sobre o medio. Déronse a coñecer as consecuencias irreversibles da nosa acción sobre o medioambiente, e como o ser humano muda o estado natural coas consecuencias que disto se derivan, e que non só van afectar ao medioambiente natural, senón tamén ao medio urbano e ao noso traballo, á saúde e á economía. .- Posibles solución e actitudes a seguir tanto a nivel social-individual e a nivel das administracións ( competencias da UE, do Estado, Xunta, Concellos)
Os obxectivos didácticos que se pretenderon acadar son entre outros, os seguintes: 1. Comprender a definición de medioambiente e achegarse ao coñecemento dos principais problemas medioambientais.
2. Obter un nivel de sensibilización e de respecto polo medioambiente desde un punto de vista científico.
3. Comprender a diferencia entre recursos naturais renovables e non renovables, así como do tempo preciso para recuperalos, por medio dun exemplo práctico: cando estamos facendo uso dunha enerxía (o petróleo) que precisa millóns de anos para producirse e unhas poucas horas para consumirse.
4. Coñecer o concepto de sucesión natural, e comprender como muda logo dunha alteración do medioambiente.
5. Aplicar á especialidade profesional os conceptos adquiridos co desenvolvemento de boas prácticas medioambientais no traballo.
6. Achegarse aos aspectos legais da figura da responsabilidade medioambiental e a necesidade da sostibilidade ambiental, principalmente: a Lei de responsabilidade medioambiental,a lei de residuos e os estudos de impacto ambiental. Utilizando tódolos conceptos básicos explicados,e mediante exemplos da nosa realidade máis próxima chegouse a comprender e a sensibilizar sobre o noso compartamento cara aos efectos sobre o cambio climático e maila contaminación nas súas diferentes formas. Antes, en Certo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario