Boiro, 13 de xuño de 2011. O certame audiovisual OlloBoi, que organiza o colectivo Rodaxe, cumpre este venres 17 co seu último capítulo nesta edición: a entrega de premios. Será a partires das 9 da noite na casa de cultura "Ramón Martínez López".
Na gala van estar o multiplemente premiado Luis Avilés (director de cinema noiés) e Miguel de Lira, coñecidísimo actor por varias series de televisión. Ao concurso presentáronse máis de setenta traballos, entre os cales o público deberá escoller, por votación, o que mellor lle pareza. Os premios son os seguintes:
- Premios Rodaxe: 500 €
- Premio Impinxidela: 100 €
- Premio do Público: 100 €
Tamén haberá premio para o mellor traballo escolar e para o mellor proxecto en xeral.
Web de referencia:
Ligazón directa para ver os vídeos que participan: http://rodaxe.wordpress.com/olloboi-2011/participantes/
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario