- Son actividades programadas pola asociación de pais "Loureda", do colexio do Castro
Haberá que agardar unha noite despexada para poder ver estrelas, planetas e satélitesBoiro, 14 de xuño de 2011. A APA Loureda organiza esta semana tres actividades, a cal máis interesante:Xoves 16 de xuño Obradoiro de Astronomía sobre as estrelas. En colaboración coa Dirección do Centro, ás 12:15h. no C. STª Mª do Castro, charla- conferencia para todo o alumnado do Centro sobre introducción á Astronomía: As estrelas e os planetas. Venres 17 de xuñoParte práctica do obradoiro do día anterior, cunha saída nocturna para ver as estrelas e poñer en práctica o escoitado na conferencia. Ös asistentes, á parte de entregarlles material práctico, poderán observar as estrelas e os planetas a través de telescopios. Nesta ocasión, a actividade está dirixida tanto para pais/nais coma para os rapaces. As persoas interesadas en participar na actividade deben apuntarse na conserxería do Centro (data límite xoves 16 ás 13:00h). Os menores deben ir acompañados dun adulto Sábado 18 de xuñoTerá lugar a romaría de socios que se recuperou e que se pretende que perdure no tempo, dado que é un día de ocio onde as familias poden convivir durante unhas horas de xeito divertido. Programa da romaría: o 12:30h Xuntanza e apertura da romaría na área de San Ramón .. Actuación de Peter Punk “A Chungatrona” o 14:00h. Xantar campeiro
o 16:00h. Actividades: .. Ruta
Xogo da chave en Noia .. Xogos cooperativos e tradicionais: Chave, corda, pano, brilé, trompos, etc As persoas interesadas en participar na actividade deben apuntarse na conserxería do Centro (data límite xoves 16 as 13:00h). Parte do custe do obradoiro, coma da actuación da romaría (Rede Cultural) están subvencionadas pola Deputación da Coruña.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario