- A viaxe a Sanxenxo é o venres 8 de xullo
- O campamento transcorrerá entre o 4 e o 8 e o 11 e o 15 do mesmo mes
Liga F-7 A cota de inscrición é de 70€.
A liga xogarase no campo municipal de Chenlo, de luns a venres, entre as 21:00 h e as 23:00 h. Cada equipo terá un máximo de 12 xogadores. Maiores de 16 anos A inscrición realizarase no Departamento de Deportes. Pavillón municipal de Tallós. De luns a venres e de 9:00 h A 13.00 h entre o 1 e o 13 de xullo. Para máis información chamar ao teléfono 981.80.25.32Excursión a Sanxenxo:
A Concellería de Deportes, en colaboración coa Asociación Cultural «7 de xullo de 1836» organiza unha excursión ás instalación de kárting de Sanxenxo para o vindeiro 8 de xullo. Hoxe, 28 de xuño, comeza o período de inscrición.
COTA:
-16 € MENORES DE 14 ANOS.
-19 € MAIORES DE 14 ANOS
(Inclúe senderismo, volta en kart e paseo en canoa)
PRAZAS:
21, POR RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN
PRAZO DE INSCRICIÓN:
DO 28 DE XUÑO AO 4 DE XULLO
SAÍDA:
ÁS 09:30 HORAS DENDE A PRAZA DO CONCELLO
REGRESO:
ÁS 19:00 HORAS
Campamento de verán:
Esta actividade ten como finalidades desenvolver as habilidades, capacidades e competencias individuais e sociais dos nenos/as participantes e ofrecer unha alternativa ó tempo libre. Así como favorecer a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo un espazo aberto de servizo educativo, asistencial e de ocio e tempo libre en horarios non lectivos.
A actividade levarase a cabo no Pavillón do C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón en horario de 11:00 a 14:00 horas. Os pais ou persoa/s autorizada/s deberán estar no punto de recollida entre as 13:50 e as 14:00 horas. O campamento celebrarase no mes de xullo, de luns a venres, dende o 4 ó 8 e dende o 11 ó 15. Está destinado a nenos entre 3 e 8 anos. O custo da actividade é de 10€, que se ingresarán na conta do concello unha vez confirmada a praza polo Departamento de Deportes.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario