- Vicente Mariño, edil de Consumo, escoitou as suxestións dos comerciantes e consensuou medidas para mellorar a hixiene e seguridade na instalación actual
A este último respecto, Mariño de Bricio avanzoulles que a intención do Goberno Local é principiar a execución do novo proxecto a finais do presente ano ou a comezos do que ven, e que con tal motivo os vendedores serán trasladados a unha carpa. O prazo concreto de inicio está a expensas das xestións que está a realizar o Concello en canto á busca de financiamento, na procura de posibles fondos FEDER, achegas da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial. Precisamente, o alcalde, Manuel Ruiz Rivas, manterá o próximo luns 4 de xullo unha entrevista coa directora xeral de Comercio da Xunta, Nava Castro, para abordar entre outras cuestións a do novo mercado.
Outros temas considerados na reunión de hoxe tiveron que ver coa praza actual. Vicente Mariño recordou aos comerciantes reunidos a normativa vixente na praza de abastos tocante a aspectos como identificación, salubridade, tránsito de usuarios ou vestiario. Así mesmo, aproveitou a xuntanza para consensuar unha serie de medidas encamiñadas a reforzar a seguridade e hixiene no mercado e o seu entorno. Entre as mesmas, acordouse a localización dentro do inmoble dun emprazamento que se considerou adecuado para gardar o xeo de próxima utilización (de tal xeito que os corredores de paso do público estean secos e evitar así que se produzan posibles esvaróns); ou a decisión de eliminar o contedor para depósito de xeo sobrante situado no exterior da entrada principal do inmoble, que estaba ocasionando episodios de malos olores.
O concelleiro municipal de Consumo recibiu de parte dos comerciantes outras suxestións para un mellor funcionamento da praza que se comprometeu a estudar.
Pode que tamén lle interese:
- Tradicións relixiosas: imaxes das alfombras florais do Corpus
Río Arlés: 5.000 alevíns de troita o 1 de xullo
Mercadillo dos sábados: van regulalo para mellorar limpeza e tráfico
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario