A Pobra do Caramiñal, 10 de xuño de 2011. Esta mañá fíxose a entrega de diplomas do programa "Envellecemento activo", no que participaron o alcalde en funcións e próximo alcalde de novo da Pobra, Isaac Maceiras Rivas, e a asistenta social Teresa Pérez Torres.
O programa "Envellecemento activo", que se subtitulaba "Benefíciate do exercicio II", estaba dirixido ó sector da poboación maior de 60 anos. Participaron 24 persoas, divididas en dous grupos. Desenvolveuse nas instalacións da piscina climatizada dende o pasado mes de marzo. Tamén se empregou para as clases a sala multiusos do Complexo Deportivo. En ditas dependencias realizáronse, en sesións de 3 días semanais, as seguintes actividades: * NA PISCINA: - Natación Terapéutica: programa de saúde que se dirixe, por unha banda a problemas de costas e doutra banda, á compensación de enfermidades e lesións que poden aparecer na etapa adulta. -Aquagym: exercicio aeróbico na auga. * NA SALA MULTIUSOS: -Ximnasia de Mantemento: Abarca un conxunto de actividades encamiñadas á conservación e mellora da condición física. Este programa buscaba a mellora da calidade de vida dos veciños/as, procurar que as persoas maiores se manteñan sans e activas, frear o seu deterioro físico, procurar un ambiente lúdico onde se esquezan dos problemas diarios e tamén evitar o illamento e exclusión social mediante actividades cooperativas. O programa significou a colaboración entre os Servizos Sociais do Concello de A Pobra e o persoal da Piscina Climatizada de A Pobra. O orzamento ascendeu a 1758.10€ (IVE incluido) que aportou a Deputación de A Coruña.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario