Un acto de presentación na Aula MultimediaRibeira, 10 de xuño de 2011. A partir do próximo luns, día 13 de xuño, a Aula Multimedia permanecerá aberta na modalidade de acceso libre en horario de verán de 9.00 a 14.00, ata o 16 setembro, data en que dito horario cambiará. Ademais, o Concello conta cun novo axente TIC que desempeñará as seguintes funcións: * Promoción do uso das TIC na poboación, en especial naqueles colectivos onde a fenda dixital se fai máis evidente.
* Dinamizar as PEMEs e microPEMEs amosándolles as vantaxes da Sociedade da Información.
* Planificación, difusión e publicidade das actividades de formación e dinamización na zona de actuación: obradoiros, charlas, xornadas, iniciativas.
* Xestión da aula: atención a usuarios/as, mantemento do equipamento e apertura e peche da aula de informática.
* Atención de forma personalizada aos usuarios/as realizando a apoio e seguimento da súa aprendizaxe, para que vexan o aceso ás TICs como algo doado, ameno e que á vez lles resulte proveitoso na súa vida diaria.
* Ser enlace entre o Centro e a cidadanía (persoas e asociacións cidadáns) do municipio, e responsable de conseguir a inclusión e participación na Sociedade da Información da cidadanía.
* Colaboración na achega de novas ideas que contribúan á mellora do funcionamento, desenvolvemento e impacto no seu concello da nova Rede CeMIT.
* Tratar de acadar que o CeMIT sexa un punto de referencia na vida sociocultural do Concello.
* Estender o coñecemento e uso pola cidadanía dos servizos públicos dixitais das Administracións Públicas Galegas.Por outra parte, o Concello xa está traballando na planificación das actividades que, servíndose de esta aula de informática, se desenvolverán no verán. Pode que tamén lle interese:
Verán cultural: vexa toda a programación de 2011
Ateneo: presentan dous libros este sábado 11 de xuño ás 20:00 horas
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario