Rianxo, 20 de xuño de 2011. A asociación Festival Antrospinos -en normativo Entre Os Piñeiros- non para de organizar festas onde quere e onde lle deixan. A seguinte toca este venres, 24 de xuño, na praia da Torre (que queda en Taragoña, parroquia que, mentres non se independice, segue a ser parte de Rianxo). A partires das oito da tarde comeza a troula, coa tradicional fogueira acompañada dunha festa onde haberá sardiñada e churrascada e sobre todo moita música. Os e as asistentes poderán participar dunha foliada que terá lugar ata as 00:00, hora a partir da cal arrincará a queima da fogueira. Gozarase dunha boa queimada e dará comezo unha singular sesión de DJ’s, que manterá a música ata altas horas da madrugada. Lonxe das habituais sesións dance, estes pinchas recollerán música variada e poderase escoitar un adianto do que este ano 2011 soará na cuarta edición do Festival Antrospinos, que está á volta da esquina, 29 e 30 de xullo. Antes, en Certo:
Máis información en www.festivalantrospinos.es
Certame de deseño de cartel: para o Festival Antrospinos
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario