Presentación de O Terceiro I, unha iniciativa que tamén leva Servizos Sociais de Ribeira (http://www.oterceiroi.com) Ribeira, 20 de xuño de 2011. A Aula Multimedia dá cabida dende a semana pasada a un Curso de Alfabetización Dixital (Iniciación á Internet) que está dirixido aos veciños e veciñas da terceira idade do municipio. Esta acción adscríbese ao Programa de Dinamización Sociocultural dos Maiores que se impulsa dende o Departamento de Servizos Sociais.
Case 40 maiores de Ribeira están tomando parte nesta iniciativa, divididos en tres grupos que ocupan a aula de informática municipal de 10 a 11, de 11 a 12 e de 12 a 13 horas, respectivamente. As clases están a ter lugar todos os días da semana e rematarán o próximo venres 24 de xuño.
Está previsto que esta mesma acción se retome o próximo outubro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario