30.6.11

Ribeira: un curso de novas tecnoloxías para maiores reduciu un chisco a fenda dixital

Ribeira, 30 de xuño de 2011. Corenta maiores de Ribeira estiveron a participar dende o pasado 13 de xuño nun Obradoiro de Alfabetización Dixital (Iniciación á Internet) incardinado dentro do Programa de Dinamización e Promoción Social dos Maiores que organizan os Servizos Sociais.

Para proceder á  clausura da iniciativa, déronse cita na Aula Multimedia de Santa Uxía (lugar onde se celebraron os cursos) os concelleiros delegados de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo, Vicente Mariño, e de Enerxía e Novas Tecnoloxías, Emilio Pérez; así como o axente TIC que se encargou de impartir as clases, Abel Alonso.

Os tres intervintes dirixíronse aos maiores congregados co desexo de que esta iniciativa lles resultara útil e informaron de que o Concello está traballando xa en ver de levar estes cursos de alfabetización dixital ás parroquias, para contribuír a diminuír a fenda dixital que existe, por unha banda, entre diversas franxas de idade, e pola outra, entre o rural e o entorno urbano. O acto rematou coa entrega dos diplomas acreditativos aos participantes.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical