- Será no Teatro Elma, de balde, ata encher aforo, ás oito da tarde
- Os do Liceo representan "La otra historia de Caperucita Roja" e os de Ribeira, "Cásting improvisado"
O Grupo de Teatro Infantil de Riveira conta con 21 membros de entre 7 e 13 anos, dirixidos por Segundo Durán, “Chiki” van a representar a obra titulada “CASTING IMPROVISADO” coa que puxeron o broche de ouro na pasada Mostra de Teatro Infantil de Ribeira. Trátase dunha montaxe de 45 minutos de duración onde se combina a música, o baile e a interpretación cun guión elaborado polos propios integrantes do grupo.
Están convidados polo Grupo de Teatro Infantil do propio Liceo, que representarán a obra “LA OTRA HISTORIA DE CAPERUCITA ROJA” dirixida polo mesmo mestre. É un grupo de doce actores e actrices e a obra ten unha duración de aproximadamente media hora. Serán os primeiros en actuar.
A experiencia nace como un intercambio cultural entre os dous grupos, fomentando así a cooperación artística no mundo do teatro dende a poboación infantil e co ánimo de converterse nun evento estable dentro do calendario cultural da comarca da Barbanza. Unha mostra máis do apoio e implicación que esta Concellería desenvolve co arte dramático e que se completa cos outros dous grupos de teatro municipais, o GRUPO XUVENIL E O GRUPO AFECCIONADO DE ADULTOS.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario