30.6.11

Ribeira: rematou o curso de alfabetización dixital partillado entre Cultura e tres asociacións

Ribeira, 30 de xuño de 2011. O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, e os concelleiros de Enerxía e Novas Tecnoloxías, Emilio Pérez Outeiral; e de Cultura, Elvira Pisos Arnoso, estiveron onte á noite na Aula Multimedia de Ribeira para proceder á clausura do Curso de Alfabetización Dixital promovido coa Concellería de Cultura en colaboración con tres asociacións do Concello: a Asociación de Amas de Casa, o Club de Pensionistas e Xubilados de Aguiño e Carreira e a Asociación Francisco Lorenzo Mariño. 

Recibiron os seus correspondentes diplomas un total de 58 asistentes (membros das asociacións citadas e tamén veciños en xeral) que estiveron asistindo a este curso dende principios de abril, ben na Aula Multimedia de Santa Uxía ou ben na Aula Multimedia de Aguiño. 

O alcalde lembrou que o éxito desta iniciativa provén do traballo desenvolvido polo anterior Executivo, e destacou tanto a figura do anterior rexedor, José Luis Torres Colomer, como do antigo edil de Cultura, Luciano Fernández Martínez. 

Pola súa parte, Elvira Pisos Arnoso destacou o papel das asociacións como referentes culturais que dende o Concello se debe alentar, promover, apoiar e difundir; en tanto que Emilio Pérez Outeiral avanzou que a intención do Goberno Local é estender esta mesma iniciativa ás parroquias.

Relacionada:

Redución da fenda dixital entre maiores

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical