A Pobra, 30 de xuño de 2011.- A praia máis emblemática da vila da Pobra do Caramiñal repite bandeira azul un ano máis. Uns distintivos cada vez máis cuestionados, xa sexa pola súa incoherencia á hora de concedelas (este ano déuselle a Tanxil, en Rianxo, por exemplo, cunha area que mete medo e sen duchas, e negóuselle á praia das Catedrais, en Ribadeo, disque porque viron un socorrista tomando a sesta en horas laborais) ou porque fomentan a urbanización dos areais ás que se lles outorga. De feito, algúns concellos están a apostar máis por outros distintivos como a Bandeira Q de calidade que outorga o Ministerio de Medio Ambiente, como é o caso do veciño concello de Boiro.
As organizacións ecoloxistas tamén están a repartir bandeiras, neste caso de cor negra, para denunciar puntos conflitivos do noso litoral. Este ano as bisbarras de Barbanza e Noia víronse libres delas, inda a pesares de que a depuración das nosas rías deixa moito que desexar. O ano pasado, a imaxe era ésta:Relacionadas:
Praia do Areal: estará lista a primeiros de xullo
Relación de praias en Barbanza e Noia con bandeira azul
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario