26.7.11

Boiro: outra visión da concentración moteira


Polo Padre Teixugo

A concentración que os amigos de Boiromotos celebraron os dias 22, 23 e 24 de xullo contou con moita participación, pero, coma sempre acontece, non todos axudaron e se inscribiron para apoiar o evento. Mais para os que si o fixemos, puidemos gozar das delicias do catering contratado pola organización para calmar os famentos estómagos (gostoume moito o arroz salvaxe acompañado polo tinto de verán), tomar uns petiscos por cortesia da organización, desfrutar dunha ruta turística que pasou por Pobra, Oleiros, Noia e regreso a Boiro... e incluso puidemos tomar unha sesta no magnifico parque da Cachada (ver as fotos).

Eu realizei a inscrición coa moto do mosteiro (Honda XL125S do 1982)... pero estragouse a última hora e tiven que pedir prestada outra (do 2003), polo que non protestei cando non me deron o premio á moto mais antiga (levouno unha Yamaha do 1986), porque sería facer trampa e non daría exemplo. Pero a vindeira vez tentarei participar de novo coa reliquia, porque quedoume unha sana envexa!!!!

Aproveito para comunicar que os amigos do Harley Owners Club van visitar proximamente a nosa querida estrada C-550, e que xa se achega o tempo da concentración de Noia. Animovos a todos-as a participar, pero non sexades tacaños e inscribídevos, fariseos!!!!

Relacionada:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical