- Segundo a Xunta, estes seminarios pretenden dar a coñecer as vantaxes dunha xestión sostible e rendible do monte galego, dirixido aos axentes do sector e ao persoal da Administración Autonómica
- A iniciativa enmárcase no proxecto de cooperación transfronteiriza Interreg “Xes-Silvae”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
Noia, 10 xullo de 2011.- Durante esta semana terán lugar diversos seminarios coa fin de dar a coñecer as Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR), unha nova figura impulsada pola Consellería de Medio Rural. Este luns, 11 de xullo, hai un en Noia.
Xestión sostible do monte
Un dos obxectivos fundamentais que perseguen estes seminarios baséase en difundir, tanto aos axentes do sector como ao propio persoal da Administración Autonómica, a necesidade de acadar unha xestión máis sostible e rendible do monte, tendo como principal ferramenta as pequenas parcelas de propiedade forestal particular, a partir das que se pretende acadar unha xestión baseada na viabilidade económica e a sustentatibilidade ambiental e social.
Con estas accións divulgativas e formativas o departamento que encabeza Samuel Juárez, quere difundir as vantaxes das denominadas “sociedades de fomento forestal”, nas que se leva a cabo unha agrupación dos propietarios de pequenas parcelas, susceptibles do aproveitamento forestal e que ceden os dereitos de uso á sociedade. Asemade, as SOFOR inclúen a posibilidade de inclusión doutras persoas físicas que non sexan titulares de dereitos de uso de parcelas, sempre que a súa participación non supere o 49% das participacións sociais.
Vantaxes das SOFOR
As Sociedades de Fomento Forestal teñen unha serie de vantaxes non só referidas á prevención de incendios forestais. Alén deste propósito, as SOFOR pretenden poñer en valor o monte galego e o aumento da renda agraria. Ao mesmo tempo, garántese o dereito de propiedade dos socios, xa que só se ceden os dereitos de uso, tendo ao seu favor a adscrición voluntaria dos propietarios. Ademais permítese a entrada de capital privado investidor só no capital social, xa que poden coexistir socios propietarios con outros capitalistas. Por último, cabe salientar que o feito de que estas sociedades estean suxeitas ao dereito privado, contan cunha regulación mercantil específica.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario