Imaxe dunha campaña de Xuventudes Socialistas para pedir o voto nunhas eleccións pasadas
• As XSG tamén aprobaron unha proposta para rebaixar a idade ós 16 anos e defenderana na Conferencia política do PSOE
• Propoñen tamén unha reforma electoral que aproxime os representantes ós representados, polo que os mozos e mozas socialistas, propuxeron a baixada da barreira de representatividade do 5% para o acceso ó Congreso dos Deputados, Parlamentos Autonómicos e Corporacións locais ademais de esixir a prohibición de que os imputados figuren nas listas electorais do PSOE.
Santiago, 18 de Xullo de 2011. As XSG veñen de celebrar o seu comité nacional este sábado pasado, no que aprobaron unha proposta de resolución mediante a que esixen ó PSdeG-PSOE un cambio de rumbo real.
Durante a celebración do Comité Nacional, debatiron máis dun centenar de enmendas ó documento político de propostas xóvenes que se debatirá ó longo do mes de setembro a nivel federal e mediante as que instan a que se acometa unha reforma real dos procesos de participación democrática da sociedade nas tomas de decisión. Neste senso, a organización xuvenil socialista vén de aprobar unha proposta de rebaixa da maioría de idade ós 16 anos, ou a prohibición de que os imputados formen parte das listas electorais do PSOE.
Ademais das enmendas, as XSG aprobaron unha proposta de resolución a través da que instan ó PSdeG-PSOE a materializar un cambio de rumbo que garanta unha completa renovación de modelo de partido que cada día esta máis alonxado da sociedade galega.
As XSG entenden que é imprescindible que os partidos melloren as súas canles de participación tal e como demandaron os movementos sociais do 15-M, e para iso tamén é fundamental unha reforma electoral que aproxime os representantes ós representados, polo que os mozos e mozas socialistas, propuxeron a baixada la barreira de representatividade do 5% para o acceso ó Congreso dos Deputados, Parlamentos Autonómicos e Corporacións locais.
A través da proposta de resolución esixen ó PSdeG-PSOE:
-A apertura dun proceso de debate ideolóxico e organizativo que permita ao socialismo galego facer unha completa renovación de modelo de partido que cada día esta máis alonxada da sociedade galega.
-A Convocatoria dunha conferencia política en setembro que facilite o debate e a participación social dos cidadáns de esquerdas e progresistas e permita que a cidadanía sexa protagonista activa na elaboración do programa electoral socialista
-A apertura de canais de comunicación coa nosa sociedade que permita facer máis cercanas as estructuras dos pertidos ás demandas sociais.
-Un fortalecementos dos canais de participación e debate da nosa militancia que lle permitan facer efectivo participar nas tomas de decisions do PSdeG-PSOE
Os mozos e mozas socialistas aprobaron tamén unha resolución na que denuncian a grave situación do ensino galego gracias á privatización que o goberno Feijóo está a facer do mesmo e que se traduce nunha merma da calidade do sistema educativo público galego.
Pode que tamén lle interese:
En Noia: o 22 e 23 de xullo, en Noia, "Mételle un gol a Feijóo"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario