26.7.11

Rianxo: este venres 29 de xullo, "Moito conto", teatro a cargo de Redrum

Rianxo, 26 de xullo de 2011. "Moito conto" será representada o vindeiro venres 29 de xullo ás 12:00 horas no auditorio de Rianxo. O reparto de invitacións terá lugar no mesmo auditorio unha hora antes da función.

A última proposta familiar do director lalinense Álex Sampayo e a compañía compostelana Redrum Producciones é unha obra adaptada por esta compañía, baseada no popular conto Hansel e Gretel, todo un clásico dos irmáns Grimm. 

O pase de Rianxo está  financiado íntegramente poa Fundación de Rosalía Mera, dentro dos acordos de colaboración que mantén Paideia co Concello de Rianxo, impulsando políticas de desenvolvemento económico, social, cultural e medio ambiental.  

Trátase dunha representación teatral ca que se pretende reformular contos coñecidos por todos, estimulando a creatividade dos máis pequenos e chegando ós recordos dos maiores. 

A obra narra a historia de dous irmáns, Pepiño (Guillermo Carbajo) e Manola (Tamara Canosa), que, enganados pola súa madrastra (Mónica García), acaban perdidos no bosque, vivindo unha aventura que os cambiará para sempre. 

A autoestima e a complicidade fraternal posibilitarán que os nenos superen as súas aventuras sans e salvos, permanecendo xuntos e coidándose mutuamente. 

A dirección da obra atópase baixo a batuta de Álex Sampayo, do que cabería destacar traballos tales como as series de televisión "El Internado" e "Padre Casares". 

Paideia repite nesta ocasión con Sampayo quen dirixeu o vídeo de promoción turística “ A terra da nai auga” que A Fundación Paideia, a través da Asociación DELOA, editou para publicitar os recursos turísticos da comarca Barbanzana e do Sar. 
 

O medio ambiente, protagonista indiscutible 

A dimensión ambiental envolve este evento dende todas as dimensións, xa que, ademáis das propias mensaxes transmitidas no transcurso da obra sobre hábitos de vida saudables, menor producción de resíduos en orixen, adecuada segregación dos mesmos, uso responsable da auga e da enerxía, e pautas de comportamento respetuosas co entorno natural que nos rodea, para a recreación da escenografía emplearanse materiais reciclados, así como pantallas LED, minimizando deste xeito o consumo enerxético. O que convertirá a este espectáculo en pioneiro no uso dun tipo de iluminación máis eficiente, ecolóxica e estética nas artes escénicas.

Así, a función cumple cunha doble misión: o entretenimento e a diversión, pero tamén a formación ambiental dos espectadores, prestando especial atención ó público máis xoven. 

Personaxes e dirección 

Pepiño, personaxe interpretado por Guillermo Carbajo, actor coñecido polo seu traballo en diversas series de televisión nas que interpretou a Roi, fillo de "Pico" en "Pratos Combinados", e Martiño Bugallal, na máis recente "Valderrei", quere medrar para parecer maior. É por eso que se pasa o día facendo estiramentos, inventando a súa idade e esforzándose en falar como un adulto, pero lóxicamente non deixa de ser un neno e nesta aventura descubrirá o maravilloso que é selo. 

O papel de Manola, irmá  de Pepiño, o asume Tamara Canosa, actriz que interpretou a "María" e "Clara" na obra de teatro "A Pensión", e protagonizou o largometraxe "Pradolongo", participando en películas tales como "El Espejo", "Heroína", "Días azules" o "Entre Bateas", pero tamén en series televisivas como é o caso de  "Mareas Vivas" y "Valderrei". 

Manola ten unha personalidade compulsiva e está empeñada en reformar os tradicionais bailes das animadoras por algo moito máis creativo. É inxénua e divertida, pero hiperactiva, incapaz de centrarse e estar atenta nin cinco minutos, polo que terá que aprender a xestionar a súa enerxía e escoitar. Descubrirá o importante que é pensar as cousas antes de actuar ,así como o valor do traballo en equipo. 

A Madrastra, quen representa o autocontrol, as boas formas e a educación, pero tamén a obsesión, as ansias de poder, a manipulación e a destrución, asume a decisión de abandonar a Pepiño e a Manola sen ningún tipo de remordemento. Este personaxe, tan dispar como interesante, é interpretado pola polifacética Mónica García, cunha traxectoria profesional de máis de vinte anos sobre o escenario, na grande e pequena pantalla, e ganadora en tres ocasións do "María Casares".



Dossier Moito Conto Fotos.pdf Download this file

Rianxo_teatro29xullo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical