Ribeira, 20 de xullo de 2011. Medio cento de maiores do municipio participaron o pasado venres na saída cultural que con destino ás Illas Cíes promoveu a Concellería de Promoción Social, Servizos Sociais, Mercados e Consumo do Concello de Ribeira.
A viaxe incluíu unha visita previa á cidade de Vigo (con percorrido por monte de O Castro e polo mercado da Pedra), excursión en barco ata as illas Cíes e, tralo xantar, regreso á cidade olívica e posterior visita ao mosteiro de Poio.
Próximo destino: A Mariña
A iniciativa estivo organizada polo Departamento de Servizos Sociais, que xa a está a traballar na próxima saída: unha ruta pola Mariña Lucense que se desenvolverá do 8 ao 12 de agosto.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario