4.8.11

Boiro: O Faiado 2 organiza novo roteiro por unha calzada do municipio o sábado 27 de agosto

Boiro, 4 de agosto de 2011. Gustoulles o pasado roteiro do 30 de xullo pola Calzada de Pa? Parece que non foron moitos os valentes, segundo se ven nas estupendas imaxes que tomou Antonio Parada, socio de O Faiado 2. Divisamos entre eses valentes ao recente premio "García Barros" de novela, o ribeirense Antonio Piñeiro e, como non, á infatigable presidenta de O Faiado 2, María Luísa López Otero.

Se lles van as camiñadas neste incerto mes de agosto -meteoroloxicamente falando-, teñen unha nova oportunidade o sábado 27. É un bo xeito de coñecer Boiro e a súa historia, de queimar calorías e tamén de facer novas amizades, ben máis carnais que as do Facebook. Por onde van ir? Escólleno vostedes cando saian! Por enriba, roteiros escollidos de xeito asembleario, como se fosen do 15M. Que máis poden pedir?



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical