- A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, quere coñecer, entre outros asuntos, cantos recursos adica a Xunta de Galicia á persecución, detección e prevención do furtivismo e cantos deles van diretamente ás confrarías e ás agrupacións de mariscadores
Barbanza-Noia, 31 de agosto de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, anunciou hoxe que rexistrou unha inactiva na Cámara Autonómica na que reclama explicacións á Conselleira Mar polo “alarmante e escandaloso aumento do furtivismo en Galicia”.
Soneira lembra que o furtivismo é un vello problema que ten moitas casuísticas que, englobadas todas baixo esa denominación, abrangue situacións que van dende persoas en situación de exclusión social que non ven outra saída que o saqueo das concesións marisqueiras, ate o profesional do mar que, por vulnerar algunha disposición da normativa aplicable a súa actividade, sofre a correspondente sanción.
A portavoz de Pesca dixo que a Consellería do Mar asignouse o louvable obxectivo de erradicar o furtivismo das nosas costas e rías pero advirte que “os resultados obtidos non parece que teñan acadado o éxito anunciado”. Replica que ao longo de mais de dous anos de exercicio do goberno o único resultado que nos amosa a Xunta de Galicia son datos estatísticos -algúns deles mais que cuestionables- sobre o número de artes aprehendidas ou o número de denuncias feitas polos servizos de inspección pesqueira.
A parlamentaria socialista dixo que “o problema de fondo non só non ten remitido senón que parece estar fóra de control xa que os datos feitos públicos ao longo deste verán son moi preocupantes en canto ao número de episodios e en canto a gravidade dos mesmos nalgún caso”.
Por todo esto Soneira reclama coñecer, e con iso tamén os cidadáns aos que representa o seu partido, o seguinte:
1.ª) Como valora a Xunta de Galicia a evolución do fenómeno do furtivismo, nas nosas costas e rías, no período de Goberno en que Dna. Rosa Quintana está o fronte dos intereses pesqueiros e marisqueiros de Galicia?
2.ª) Da experiencia adquirida durante o período, cantos dos expedientes incoados foron a profesionais do mar e cantos a persoas alleas á actividade pesqueira ou marisqueira?
3.ª) Das denuncias feitas, cantas foron por accións que precisaban dunha embarcación e cantas onde non era necesario?
4.ª) Cantas denuncias se teñen feito a pescadores deportivos por infracción en materia de pesca? cantas a establecementos depuradores, comercializadores ou de hostalaría?
5.ª) Cantos recursos dedica a Xunta de Galicia á persecución, detección e prevención do furtivismo? cantos deles van directamente ás confrarías e ás agrupacións de mariscadores?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario