- O trámite é en concreto a declaración de incursión de naves industriais e tamén de vivendas que no seu día foron feitas sen licenza, e que están en situación legal de fóra de ordenación total
Noia, 19 de agosto de 2011. O Departamento de Urbanismo do Concello de Noia está a tramitar, a instancia dos interesados, a posibilidade recollida na última modificación da Lei do Solo de Galicia de acollerse á situación de fóra de ordenación total das súas propiedades.
Trátase daqueles actos de edificación que no seu día se realizaron sen a preceptiva licenza municipal, ou sen a obrigatoria autorización autonómica, e nas que a administración actuante non adoptou ningunha medida dirixida á reposición da legalidade urbanística vulnerada.
Con esta iniciativa os propietarios dos inmobles incursos en tal situación poden incorporalos ao seu patrimonio, ficando suxeitos os inmobles, ao réxime de “fóra de ordenación” por total incompatibilidade coas determinacións do planeamento urbanístico en vigor; podéndose só realizar nos mesmos, obras de mera conservación, así como as necesarias para o mantemento dos usos preexistentes, sempre e cando se acredite un uso continuado de tales construcións.
Se as edificacións estiveran localizadas en algunha das categorías do solo rústico existente (de protección de costas, de augas ou de espazos naturais), será necesario obter o previo informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.
Ao marxe desta iniciativa, e dentro do marco dos traballos de elaboración do futuro PXOM, é vontade da comisión de seguimento do mesmo, que na nova ordenación se recollan, a ser posible, todas estas situacións a fin de regularizalas.
Antes, en Certo:
Rehabilitación: comeza a novena fase, con 22 actuacións
Arqueoloxía: piden á Xunta modificar a variante para conservar o de Taramancos
Arqueoneixón: opinión sobre a actuación na Cova da Moura
Pode que tamén lle interese:
Festas patronais: o San Bartolomeu, do 24 ao 28 de agosto
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario