19.8.11

Ribeira: pasan os Servizos Sociais ao edificio Mirador de Padín para acometer o novo mercado

  • O traslado permitirá que os locais da rúa Correos sexan ocupados por sindicatos ou extensión agraria alomenos temporalmente 
  • Os praceiros van ser reubicados nunha carpa provisional este mesmo ano ao pé do inmoble
  • As previsións apuntan a que a obra será adxudicada no primeiro semestre de 2012

O Concello tamén está a loitar por mellorar o mercadillo dos sábados no peirao

Ribeira, 19 de agosto de 2011. – O Concello informa de que en breve se van iniciar labores de traslado do Departamento de Servizos Sociais e do Centro de Información á Muller (CIM) dende as instalacións actuais na rúa Correos de Santa Uxía ás novas dependencias que se situarán na praza de 8 de marzo (no edificio Miradoiro de Padín). Así, a intención do Executivo Local é que a principios de setembro estea culminada a mudanza do mobiliario para a continuación acometer o traslado dos traballadores. 

Este cambio de dependencias reviste gran importancia ao significar un transcendente paso na execución do proxecto do novo mercado municipal. Isto é así porque, como consecuencia do traslado do CIM  e dos Servizos Sociais, os locais situados na rúa Correos quedan expeditos para o seu uso polos sindicatos ou polos servizos de extensión agraria, cuxas sedes actuais están localizadas como é sabido no actual inmoble da praza de abastos. Esta ocupación tería en principio carácter temporal, pero non se descarta que sexa definitiva dependendo de como cristalicen as xestións que está realizando ao respecto o Goberno Local. 

Demolición

Así e logo, de resultas de todo o explicado seguen en pé os prazos estimados inicialmente polo novo Goberno e, salvo contratempo, este mesmo ano terá lugar o traslado provisional dos praceiros e praceiras que operan no mercado a unha nova ubicación. Por outra banda, se non da tempo a proceder no presente exercicio coa demolición física do edificio, alomenos si se iniciará o expediente de derrubo. 

En canto ao lugar no que se emprazarán provisionalmente os vendedores, o Concello anuncia que será nunha carpa instalada nas inmediacións deste inmoble, cunhas dimensións de 15x30 metros (450 metros cadrados). 

Ribeira Atlántica

Con respecto ao novo mercado propiamente dito (unha actuación adscrita ao programa con financiamento europeo Ribeira Atlántica), cómpre informar que xa foi iniciado o expediente de contratación do proxecto técnico e que a previsión do Executivo é adxudicar a súa construción no primeiro semestre de 2012. Está previsto que o edificio quede totalmente rematado antes de finalizar o 2013. 

O presuposto global da actuación ascende a 4.980.860,61 euros: cifra na que se inclúe a construción do mercado, o traslado provisional das praceiras e praceiros a outra ubicación e a urbanización do entorno comercial das Carolinas. Non se inclúe o aparcamento subterráneo do Malecón (outro proxecto ligado ao novo mercado) por preverse que este teña lugar baixo sistema concesional.

Antes, en Certo:


Fondos Europeos: cinco millóns para 11 actuaciones. Entre elas, Ribeira Atlántica

Pode que tamén lle interese:


Feira Artesanal e Mariñeira: do 19 ao 21. Programa

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical