Dodro, 27 de setembro de 2011.O luns 26 de setembro presentouse o "Taller de apoio escolar para a conciliación", que se realiza por primeira vez en Dodro organizado pola Concellería de Xuventude e Familia que dirixe María Fernández.
Este obradoiro está dirixido a rapaces/as de 6 a 12 anos e impártese na Casa da Cultura de luns a venres de catro a sete da tarde. O programa xurde "co firme propósito de axudar e facilitar a conciliación da vida familiar e laboral", explican dende o Concello. Nestes obradoiros os rapaces realizarán as tarefas e traballos da escola así como o estudo. Váiselles familiarizar co uso das novas tecnoloxías, potenciaráse a lectura e a expresión oral e escrita e realizarán actividades complementarias lúdicas e formativas.
Os obradoiros este ano son totalmente gratuitos, xa que asume o custo total o concello.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario