- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe o Concello
- No eido laboral, a Xunta investiu preto de 100.000 euros dos impostos de todos os galegos neste concello durante 2011
Lousame, 22 de setembro de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar está a investir preto de 700.000 euros para colaborar na construción do primeiro centro de día de Lousame. Este investimento está distribuído en catro anualidades. En 2009 e 2010 xa se investiron máis de 100.000 euros, este ano estánse a investir máis de 300.000 e o resto chegará en 2012.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe o concello de Lousame onde se reuniu co alcalde, José Santiago Freire. Na súa intervención lembrou que no eido social o departamento está a investir tamén preto de 10.000 euros en 2011 para o mantemento da escola infantil municipal. Nembargantes, Mato sinalou que a colaboración de Traballo e Benestar co concello de Lousame non se limita tan só a área social, "senón que tamén se está a levar a cabo un importante esforzo no eido laboral, co fin de mellorar as opcións de empregabilidade dos seus habitantes".
De feito, en 2011 incrementouse nun 7,4 por cento o financiamento destinado ao Plan de cooperación, o que permitiu a contratación dun total de 11 traballadores, 3 contratacións máis que no 2010. Estes traballadores están a levar a cabo labores como de xardineiro, axuda no fogar, socorrista, ou operarios para servizos de interese xeral. A Xunta non deu nesta nota de prensa datos estatísticos sobre o paro neste concello rural do interior.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario