Por mor das actuacións na Variante de Noia, cortarase un dos carrís da glorieta e outro do ramal de incorporación á VAP dende hoxe luns 26 de setembro ata finais de xaneiro
- O Castro de Taramancos está a ser usado como recheo para os cimentos da ponte que sobrevoa Testal. Xa finiquitaron o muro da parte romana e hoxe xa non había unha estrutura circular das cabanas castrexas
- As obras, que se farán en dúas fases, realizaranse en espazos do día con menor densidade de tráfico e sempre coa presenza de sinalistas en cada unha das entradas á glorieta, co fin de xestionar o fluxo de vehículos
- A Dirección Xeral de Infraestruturas lembra que se establecerá a sinalización adecuada para anunciar o corte con antelación, garantindo a seguridade viaria no treito no que se restrinxe o tráfico
Noia, 26 de setembro de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realiza cortes parciais na glorieta de Pontenafonso, concretamente na conexión da Vía de Alta Capacidade (VAP) Brión-Noia coa estrada AC-550 que une as localidade de Taramancos con Noia, concretamente no punto quilométrico 69,5, como consecuencia das obras da Variante de Noia. Estas restricións levaranse a cabo dende este luns, día 26, ata finais do mes de xaneiro.
As ocupacións parciais da vía desenvolveranse en dúas fases, posto que ao principio, na Fase I, requerirase cortar os carrís interiores da glorieta e do ramal da Vía de Altas Prestacións e, posteriormente na Fase II, será preciso cortar os exteriores. Os cortes de tráfico executaranse de modo alterno e sen coincidir nunca no tempo.
As obras nas súas dúas partes e o paso dunha a outra faranse en espazos do día con menor densidade de tráfico e sempre coa presenza de sinalistas en cada unha das entradas á glorieta, co fin de xestionar o fluxo de vehículos.
Esta actuación, que levará a cabo a empresa Puentes Infraestruturas S.L.U., suporá a finalización da execución de cimentacións e alzados do viaduto 4+560 que voa sobre á estrada Taramancos-Noia e conecta coa glorieta de Pontenafonso.
A Dirección Xeral de Infraestruturas lembra que se establecerá a sinalización adecuada para anunciar o corte con antelación, garantindo a seguridade viaria no treito no que se restrinxe o tráfico.
Destrución do castro de Taramancos
Esta imaxe é do 30 de agosto. A outra, de hoxe mesmo. Aló vai a estrutura circular
Segundo conta o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, están a destruír todo o atopado en Taramancos. O outro día acabaron co muro da parte romana e agora xa non se ve a estrutura circular dunha cabana castrexa que fotografamos no seu día. Nin unha explicación de Patrimonio nin da Xunta polo momento. Tampouco agardamos que condenen este atentado como si o fixeron por un artefacto explosivo na casa de Manuel Fraga. Lóxicas deste país.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario