Imaxe de arquivo da exposición en RibeiraRianxo, 29 de setembro de 2011. A inauguración terá lugar o vindeiro sábado 1 de outubro ás 12 da mañán, no Auditorio de Rianxo.
A exposición itinerante “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!” é unha iniciativa que pretende conmemorar o 125 aniversario da morte da autora de Follas Novas. Os visitantes camiñarán arredor dunha serie de modernos paneis onde se fai un percorrido pola traxectoria da escritora galega, e que estará viaxando pola Comunidade ata finais de ano.
No ano 2010 esta exposición percorreu os municipios de Arteixo, Boiro, Fisterra, Melide, Padrón, Carballo, As Pontes, Ferrol, Santiago e A Coruña, e neste ano 2011 serán outros dez municipios da provincia os que disfruten dela. Promovida pola área de Igualdade da Deputación de A Coruña e en colaboración coa Fundación Manuel María e Mr Misto Films, trátase dun documento gráfico que revela aspectos da escritora antes non desvelados.
Máis información: aquí
Relacionada:
Literatura: Francisco Rodríguez presentou en Noia á Rosalía de Castro máis descoñecida. Por Ramón Torrado
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario