- Praza só para 25 mozos entre 18 e 35 anos. Inscrición por rigorosa orde, dentro do programa "Roteiros" da Xunta
- Será na fin de semana do 25 ao 27 de novembro. Custa 80 euros, cun 25% de redución se tes o carné xove
- Haberá actividades náuticas, arco, rapel e orientación noturna
Ribeira, 29 de setembro de 2011.- Ata un total de 25 mozos e mozas de entre 18 e 35 anos do municipio de Ribeira van ter oportunidade de pasar unha fin de semana multiaventura no albergue de Gandarío, grazas ao programa Roteiros que organiza a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Así o afirmou hoxe a concelleira de Xuventude e Igualdade de Ribeira, Aroa Fernández, nun acto no que estivo acompañada do técnico municipal Mario Vidal.
Esta acción terá lugar os días 25, 26 e 27 de novembro, nos que os interesados terán ocasión de participar en actividades náuticas de navegación en cruceiro, actividades culturais e de turismo mariñeiro cun percorrido en kaiak pola ría de Ares e Betanzos, e outras propostas como tiro con arco, rapell e orientación nocturna.
As estadías inclúen a pernoita e aloxamento (dende o venres á tarde ata o domingo ao mediodía), os oportunos desprazamentos para desenvolver as actividades programadas, e estas últimas e os materias necesarios.
A cota de inscrición é de 80 euros e os posuidores do carné xove teñen dereito a un 25% de desconto.
Aqueles que queiran participar poden facer a súa reserva na oficina de xuventude, sita no Auditorio Municipal, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres (tamén chamando ao 981 835 650 ou mediante o enderezo electrónico xuventude@riveira.com).
As prazas serán outorgadas por orde de inscrición.
Pode que tamén lle interese:
Charla informativa: sobre Alzheimer, este venres 30
Teatro: "Ata que a morte nos separe", este venres 30
Tempo libre: campamento para monitores este sábado 1 de outubro
II Recital de poesía galega: este sábado 1 de outubro
Arte: expo de escultura ata outubro en Carreira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario