- Os interesados poden inscribirse ata o 7 de outubro
- O Concello promocionou a proba nas escolas para incrementar a cifra de participantes este ano
Ribeira, 29 de setembro de 2011.- O sábado 8 de outubro é a data escollida polo Concello de Ribeira para a celebración da Carreira Popular de Santa Uxía para categorías inferiores, despois de que a principios de setembro tivese lugar a mesma proba para os maiores de idade. Con esta duplicidade, a organización espera aumentar o número de participantes menores de idade ao ter a oportunidade de facer unha activa promoción da cita a través das escolas. Así e logo, o reto da organización é chegar ao medio millar de participantes, algo nada fácil, duplicando as cifras usualmente acadadas en pasadas convocatorias nas que a carreira se viña celebrando fóra do curso escolar.
O concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez, acompañado do técnico municipal Miguel Ruiz e o coordinador da Escola Municipal de Atletismo, Juan Manuel Olveira (que tamén é presidente do Club Atletismo Santa Uxía), foron os encargados de ofrecer os detalles da competición.
A carreira terá lugar ás 17.30 horas e constará das categorías pitufos (nados en 2005 e anos posteriores), benxamíns (2004-2003), alevíns (2002-2001), infantís (2000-1999), cadetes (1998-1997) e xuvenís (1996-1995-1995). Todas elas en ambos sexos.
Haberá diferentes distancias en función da categoría, que en todo caso terá lugar nun circuíto acotado entre a praza da Concordia e a oficina de turismo radicada no Malecón. Os pitufos deberán percorrer unha distancia de 100 metros. Os benxamíns terán que dar unha volta a un circuíto pequeno de 700 metros e os alevíns, dúas (1.400 metros). Pola súa parte, os infantís deberán dar dúas voltas a un circuíto máis grande de 1.000 metros de lonxitude, mentres que os cadetes e xuvenís deberán dar tres, sumando un total de 3.000 metros.
Todos os participantes que consigan facer a proba terán medallas e ademais concederase os correspondentes trofeos aos tres primeiros de cada categoría agás en pitufos. Este acto de entrega terá lugar no Auditorio Municipal.
Crónica e clasificacións da Carreira de Santa Uxía 2011
Pode que tamén lle interese:
Charla informativa: sobre Alzheimer, este venres 30
Teatro: "Ata que a morte nos separe", este venres 30
Tempo libre: campamento para monitores este sábado 1 de outubro
II Recital de poesía galega: este sábado 1 de outubro
Arte: expo de escultura ata outubro en Carreira
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario