29.9.11

Política: Converxencia XXI bótase ás rúas para recoller avais

P9240008


Barbanza-Noia, 29 de setembro de 2011. Durante os vindeiros 20 días, os homes e as mulleres de Converxencia XXI sairán ás rúas para conseguir avais que lles permitan participar nas eleccións xerais do 20N. 2.690 sinaturas, distribuídas por provincias, son as que necesitan as formacións políticas que non teñen representación no Congreso ou no Senado para presentarse ás eleccións.

A reforma da Lei Electoral (LOREG) aprobada hai uns meses co voto favorable do PP e PSOE, endurece os requisitos dos partidos para presentarse ás eleccións. A partir desta convocatoria, as formacións que non tiveron representación nas Cortes na convocatoria inmediatamente anterior teñen que conseguir unha cantidade de avais equivalente ao 1 por mil dos censados, nun escaso prazo de 20 días. Un requisito que, por suposto, non teñen que cumprir os mesmos partidos que aprobaron a devandita Lei, explican dende este partido que lidera o tudense Carlos Vázquez Padín.

Converxencia XXI lembra que o aval non compromete a nada, nen significa, en ningún caso, o voto. O aval vale unicamente para que a formación galeguista e centrista poida concorrer ás eleccións e dotar a Galicia dunha nova voz que se autocualifica como "forte e sensata".

En Certo descoñecemos que persoas hai na Barbanza ou Noia detrás desta formación.

Máis info:
www.converxencia.eu

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical