Ribeira, 28 de setembro de 2011.- Por primeira vez na historia do corpo, dous axentes de Ribeira participarán no Campionato de España de Mountain Bike para Policías Locais, que disputará a súa 14 ª edición este sábado en Motril (Granada).
Trátase de José Manuel Abuín e Joaquín Dios, os cales ao longo do verán xa participaron como voluntarios na nova patrulla policial de proximidade en bicicleta auspiciada polo Executivo. O alcalde Manuel Ruiz e os concelleiros de Deportes e de Seguridade e Mobilidade Cidadá, Víctor Reiriz, quixeron desexar moita sorte a estes dous membros do corpo municipal, que xunto con outro efectivo de Poio son os únicos representantes galegos que disputarán a proba.
A cita dará inicio ás 9 da mañá e calcúlase que durará en torno a dúas horas e media. Os máis de 250 competidores deberán percorrer unha distancia de 40 quilómetros con dificultade física e técnica alta e un desnivel acumulado de 800 metros.
Antes, en Certo:
Unidades de policía en bicicleta de Ribeira en agosto e setembro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario