Antonio Piñeiro, mozo "veterano" nos recitais. Na imaxe, na Xuntanza Literaria do Barbanza, que organiza O Faiado 2 en Boiro Ribeira, 29 de setembro de 2011. A Asociación Xuvenil e Cultural "Flor de Toxo" organiza este sábado 1 de outubro o "II Recital de Poesía Galega", no que mozos da comarca poñerán voz ás verbas dos autores galegos máis coñecidos. O Recital correrá a cargo de
-Antonio Piñeiro (Directivo da Asociación Flor de Toxo)
-Luís Pérez Barral (Estudante de filoloxía galega na USC)
-Iria Portas Rodríguez (Estudante de historia na USC)
-Carlos Lixó (Estudante de Historia na USC)
-Francisco Javier Gómez González (Presidente de Flor de Toxo). Con esta actividade preténdese normalizar o uso do galego entre a poboación moza, destacar a importancia e calidade dos autores da literatura galega e amosar a implicación e preocupación, da mocidade do Barbanza, pola cultura. O acto dará comezo ás 21:45 horas e terá lugar no Auditorio Municipal de Ribeira. a entidade organizadora convida e anima a toda a comarca a asistir a esta festa da lingua.Pode que tamén lle interese:
Cursos: "Flor de Toxo" abre escola de música tradicional. Anótate!
Fungos: voltan os Luns Micolóxicos dende o 3 de outubro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario