- Na rúa Oviedo Arce, nun inmoble cun alto nivel de proteción por ter elementos de valor ambiental, incluído no catálogo de proteción coa categoría A
- A normativa establece que non se poden poñer banderíns luminosos no casco histórico
Noia, 29 de setembro de 2011. A Concellería de Casco Histórico e Patrimonio vén de ordenar a inmediata retirada dos rótulos e banderín comercial colocados sen a preceptiva licenza urbanística, no baixo comercial do inmoble número 30 da rúa Oviedo Arce.
Trátase dun inmoble incluído no catálogo de protección, coa categoría de protección ambiental, tipo A, é dicir sen posibilidade de adición de planta. Este nivel de protección inclúe a aqueles inmobles e elementos con valor arquitectónico, decorativo, popular, pintoresco, típico e ambiental que polas características das súas fachadas ou tipoloxía formal e por contribuír á configuración da escena urbana, individualmente ou en conxunto, deben conservarse cos detalles ambientais e estéticos orixinais que os caracterizan.
A obra executada sen autorización consiste na colocación de diversos rótulos pegados á fachada do inmoble, así como a instalación dun banderín luminoso, tamén prohibido expresamente pola normativa do Plan Especial de Protección do Casco Histórico.
A maiores deberán deixar a fachada limpa do material que se utilizou para fixar os rótulos á mesma. Tamén deberán solicitar licenza, tanto para as obras de acondicionamento do local comercial, como para o desenvolvemento da actividade que se pretende, segundo informou o concelleiro nacionalista de Urbanismo, Bieito González.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario