29.9.11

Ribeira: este venres 30, charla sobre a doenza de Alzheimer

  • Promovida pola Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con demencia tipo Alzheimer, será na aula multimedia ás sete da tarde
  • Impártea un doutor en Psicoloxía Clínica de Deusto
Media_httpfarm6static_hhbue

Ribeira, 29 de setembro de 2011. Este venres día 30 de setembro, ás 19 horas, a Aula Multimedia de Ribeira será escenario dunha charla denominada “Gañando tempo ao alzheimer. Reserva cognitiva: mecanismos ao noso alcance para retrasar a aparición da demencia”. 

A conferencia está  promovida por Agadea (Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer) e será impartida por Unai Díaz Orueta, doutor en Psicoloxía Clínica pola Universidade de Deusto e investigador da Fundación do Instituto Xerontolóxico Matia-Ingema. 

A charla será gratuíta e está aberta a coidadores profesionais e non profesionais e calquera público interesado. A entrada é libre ata completar o aforo.

O mesmo día, á mesma hora:


Teatro: "Ata que a morte nos separe", este venres 30

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical