15.10.11

Boiro: intentan impulsar a recuperación do oficio tradicional de carpinteiro de Ribeira cunha xornada

Mar madeira programa.pdf Download this file

  • A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participaron hoxe nas IV Xornadas de Construción Naval en Madeira “Un mar de madeira”

  • A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, organizadora deste encontro, é unha das entidades beneficiarias da orde de axudas convocada pola Dirección Xeral de Comercio para o fomento do asociacionismo e do desenvolvemento do sector artesán galego, cun importe total de preto de 100.000 euros

Boiro, 15 de outubro de 2011.- A Consellería de Economía e Industria asegura que continúa "a aposta pola artesanía galega, neste caso por un dos oficios tradicionais que conta cunhas excelentes posibilidades de desenvolvemento como é a carpintería de ribeira", tal e como sinalou esta mañá a directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, durante o acto de inauguración da cuarta edición das xornadas “Un mar de madeira”.

Nava Castro lembrou que a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), organizadora deste encontro, é unha das entidades beneficiarias da orde de axudas convocadas pola Dirección Xeral de Comercio para o fomento do asociacionismo, da modernización e do desenvolvemento do sector artesán galego neste ano 2011, que contan cunha achega total de preto de 100.00 euros. Agalcari ten previsto destinar a súa axuda á divulgación e promoción da artesanía, así como á incorporación do deseño ás novas liñas de produto e outras actuacións específicas, como é o caso destas xornadas.

A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira representa a todos os obradoiros e estaleiros que se dedican en Galicia á elaboración de embarcacións de madeira e, desde a súa creación no ano 2007, traballa co obxectivo de recuperar e de impulsar este oficio, así como de demostrar que a construción naval en madeira ofrece excelentes posibilidades que poden competir actualmente coa introdución de novos materiais e coas necesidades do mercado.

Neste sentido, Nava Castro salientou o apoio que se lle está a brindar desde o goberno galego a este tipo de iniciativas de recuperación e divulgación dos oficios artesanais galegos e destacou a relevancia das xornadas “Un mar de madeira” como foro de debate, reflexión e coñecemento sobre a cultura mariñeira e o patrimonio marítimo, así como unha plataforma de divulgación do oficio artesanal da carpintería de ribeira.

Entre o programa de actividades da cuarta edición destas xornadas destaca a presentación dun plan de actuación para a construción naval en madeira, denominado Proxecto Dorna e impulsado pola Consellería do Mar, e diferentes conferencias relacionadas co deseño das embarcacións, as vantaxes de empregar a madeira como material de construción, cuestións sobre a regulamentación da construción naval en madeira ou perspectivas de futuro do sector. Ao remate das xornadas, Agalcari fará entrega do II Premio “Fasquía”, en recoñecemento da traxectoria dos carpinteiros de ribeira.

Proxectos fallidos

A Xunta leva nesta lexislatura varios proxectos para impulsar este sector, e todos fan auga. O máis escandaloso foi o da goleta que querían construír en San Cibrao (Mariña de Lugo) por case dous millóns de euros. En Galicia Confidencial pódese ler algo sobre o caso.

Namentres, embarcacións históricas como o Hidria Segundo, non acadan unha cadela para manterse a flote, ou cústalles deus e axuda a asociacións particulares procurar financiación para restaurar balandros como o noiés Joaquín Vieta.

Máis información:

http://www.agalcari.es

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical