- O dramaturgo ribeirense Quico Cadaval representa o mércores 12 "O teatro interior de Álvaro Cunqueiro"
Outes, 10 de outubro de 2011. A asociación cultural "Terra de Outes" organiza esta fin de semana a súa V Muiñada, Xornadas de exaltación do patrimonio cultural que se levan a cabo cada mes de outubro. Nesta ocasión, co gallo do seu centenario, Terra de Outes adica especial homenaxe ao mindoniense Álvaro Cunqueiro.
Cunqueiro non está no Panteón de Galegos Ilustres, senón no cemiterio vello de Mondoñedo
As actividades comezarán este mércores 12 de outubro, cunha actuación do dramaturgo Quico Cadaval, que poñerá en escea a obra O teatro interior de Alvaro Cunqueiro. Será ás 20:00 h. na Casa da Cultura de Outes. Xa o sábado, 15 de outubro, no Centro Social da Serra de Outes, continúa a V Muiñada co seguinte programa:- 19 h.: Performance de Serafín Marcos con poemas de Cunqueiro.
- 19.15 h.: Conferencia de Manuel G.Sendón, catedrático de Literatura Galega, sobre a poesía de Álvaro Cunqueiro.
- 20 h.: Presentación do número 16 da revista Terra de Outes, cun suplemento adicado ao escritor mindoniense.
Pode que lle interese:
- 19.15 h.: Conferencia de Manuel G.Sendón, catedrático de Literatura Galega, sobre a poesía de Álvaro Cunqueiro.
- 20 h.: Presentación do número 16 da revista Terra de Outes, cun suplemento adicado ao escritor mindoniense.
Pode que lle interese:
Arqueoloxía: "Terra de Outes" pronúnciase a prol da conservación completa do atopado en Taramancos Vello
Memoria histórica: quen era Luis Barrena?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario