25.10.11

Ribeira: comezaron as obras da praza Uxío Novoneyra, que rematarán a primeiros do ano vindeiro

Ribeira, 25 de outubro de 2011. Operarios da empresa Oviga, S.L, comezaron no día de onte as obras de renovación da praza Uxío Novoneyra. O prazo de realización da actuación é de 3 meses e o prezo da adxudicación ascendeu a 198.420 euros. 

Con 1.400 metros cadrados de superficie, a praza Uxío Novoneyra está situada no centro do casco urbano e constitúe unha das de máis actividade comercial do municipio, existindo grande número de establecementos comerciais e de hostalería. A actuación ten como obxecto mellorar esta zona comercial peonil, creando un espazo continuo que poida ser disfrutado polos cidadáns e garantindo ademais a accesibilidade ás persoas con mobilidade reducida.  

A actuación prevista inclúe a demolición do pavimento, rampas e escaleiras existentes e a posterior reconstrución destes dous últimos elementos conforme ao disposto na Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Impermeabilización

Unha das accións máis importantes das englobadas na obra de renovación é a da impermeabilización da superficie da praza. Isto terá lugar mediante a aplicación de impricación asfáltica a rodillo e colocación de dúas láminas impermeabilizantes. 

O proxecto contempla tamén a instalación dunha rede de pluviais, a pavimentación con lousas rectangulares de pedra de granito silvestre de diversas tonalidades e a substitución dos puntos de luz existentes por lámpadas de 150 watios de VSAP. 

Ademais se instalarán diversos elementos de mobiliario urbano, como bancos, xardineiras ou papeleiras. 

Cabe recordar que a praza está formada por dúas zonas independentes comunicadas entre si a través dun pasadizo. Unha primeira zona ten unha forma sensiblemente rectangular e pódese acceder á mesma dende as rúas Otero Pedrayo, Mariño de Rivera e do Frade. Este espazo está distribuído en dúas áreas situadas a diferentes alturas, unidas mediante unha escaleira e dúas tampas. A segunda das zonas é trapezoidal e pódese acceder dende Mariño de Rivera.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical