5.10.11

Solidariedade: a axuda á pequena Paula de Boiro implica a institucións e particulares por igual

Eva_outeiral_blusa

  • O Concello de Ribeira mete unha rifa solidaria na Festa do Maior, que é o 23 de outubro
  • En Boiro, este venres 7 de outubro, na rúa peonil, actuación benéfica con Mar Davila e gaiteiros  Arume
  • Unha deseñadora, Eva Outeiral, deseñou unha blusa para vendela e doar todo á causa de Paula, que xa está a ser tratada en Alemania da súa falta de óso sacro

Barbanza, 5 de outubro de 2011.- O Concello de Ribeira quere unirse aos actos de colaboración e apoio que están a xurdir por toda a comarca de Barbanza en axuda da pequena Paula, a veciña de Boiro que naceu sen sacro e está a ser tratada en Alemania. 

Para tal fin, o Executivo local decidiu que no transcurso da sexta edición da Xuntanza dos Maiores de Ribeira teña lugar unha rifa solidaria coa que recadar fondos que contribúan a axudar á nena e á súa familia. 

Cabe recordar que a festa terá lugar este 23 de outubro nunha nova ubicación: a céntrica praza de España, segundo anunciou hai uns días o concelleiro de Servizos Sociais e Promoción Social, Vicente Mariño de Bricio. 

Dende hoxe mércores os maiores interesados xa poden retirar as súas entradas na Casa Consistorial (nas dependencias de Tesourería). O prezo son 15 euros. O evento combinará o clásico xantar multitudinario con música e baile, todo elo a resgardo nunha carpa por si houbera incidencias meteorolóxicas. Na edición do ano pasado congregáronse máis dun millar e medio de participantes.

Festival benéfico en Boiro este venres 7

Por outra banda, este venres 7 de outubro, está prevista unha actuación benéfica para Paula a cargo da cantante Mar Davila e o grupo de gaitas Arume de Boiro. Comezará ás dez da noite na rúa Santos Mieites (a peonil, detrás do Concello). Está organizada por cafetería Ría de Arousa, bar Plaza e Cafetería 3,14, todas ubicadas nesa rúa. O caché de Mar Davila é integramente para Paula e o grupo de gaitas Arume colabora de xeito desinteresado. Haberá furna para colaborar con donativos

Precisan traxes de Pai Noel e Nai Noel, para calendario solidario

Tamén informan de que precisan traxes de Pai e Nai Noel, coa intención de tomar unhas imaxes para o "Calendario Solidario por Paula". Os organizadores desta acción precisan tamén once empresas que se queiran publicitar neste calendario, que non sexan de hostalería.

Ata  unha deseñadora puxo o seu gran
Para poder colaborar co caso de Paula, a deseñadora Eva Outeiral deseñou unha blusa de satén branco cun broche conformado por follas de seda, organza e veludo. O seu prezo é de 99 euros, que se van destinar integramente á conta de Paula. Para todos os que queiran vela, probala ou adquirila, está á venta en LuzDoVilar. 

Máis información en:

http://www.facebook.com/PaulaNecesitaAyuda

http://www.youtube.com/watch?v=1K0Qyd3F3gQ


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical