3.11.11

Noia: tratan de evitar o deterioro das árbores de Santa María a Nova

Noia, 3 de novembro de 2011. O Concello de Noia informou hoxe de que se vai dirixir á Dirección Xeral do Patrimonio a fin de que lle permitan a tala dunha “tuya” que se atopa nun estado de deterioro avanzado para evitar que a súa caída produza dano ás persoas, ou aos elementos patrimoniais existentes na necrópole.

Lembran dende o equipo de goberno que todo o recinto de Santa María A Nova foi declarado no ano 1973, “monumento histórico-artístico”, o que leva aparellado que calquera actuación que se realice no seu interior deberá contar coa autorización previa deste organismo da administración galega.

A maiores está previsto a realización dun “test de resistencia” ao outro exemplar da mesma familia que se atopa a carón do anterior para coñecer o verdadeiro estado do mesmo. Tamén sinalan que, unha vez que se autorice a tala do exemplar que se atopa en mal estado, procederase á plantación doutro de similares características. Nos próximos días, os servizos de parques e xardíns procederán a un poda selectiva de todas as árbores existentes no recinto.

O problema das laudas no exterior

Media_httpfarm4static_yzcrl

Noutra orde de cousas, e tamén dentro do cemiterio e no que respecta á preservación da laudas gremiais apiladas á intemperie, o concelleiro de Casco Histórico e Patrimonio está a agarda de que o Director Xeral do Patrimonio o reciba para tratar da casuística específica destas pezas de incalculable interese e que o paso do tempo e o seu almacenamento están a poñer en perigo.

Pode que tamén lle interese:


Monólogo: este venres 4, Cándido Pazó con "Cunqueiradas"


Axuda a domicilio: o pleno, incluso o PP, rexeitan os recurtes


Exposición de escultura: Fran Lareo no Liceo ata o 30 de novembro


Recital poético-musical: o venres 11 de novembro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical